
Dende fediverso.gal queremos formar unha comunidade autoadministrada, independente, libre e aberta para toda a xente que comparte unha cultura e lingua propia como é a galega.
Para lograr isto, conectamos diferentes plataforma e servizos federados, de bande e sen ánimo de lucro. Dependendo das cousas que queiras facer, podes encontrar o teu servizo máis axeitado abaixo.
Os nosos servizos do fediverso
Nosos patrocinadores
Máis servizos en galego no fediverso
amarinha.gal
Un lugar teu e para ti onde atopar e promocionar eventos, produtos e servizos prózimos á mariña lucense.
bots.automatica.dev
Instancia de Mastodon para bots, experimentos de creación ou procesado de contido e, en xeral, calquera calquera cousa relacionada coa programación creativa que teña relación con Galicia ou o galego.
xarxa.cloud
Un nodo de mastodon no Fediverso co obxectivo de agrupar activistas e colectivos sociais.
blogs.amarinha.gal
Plataforma de blogs en Wordpress da amarinha.gal. Ten o pluging Bookmarklet para publicar contido no fediverso.
acontece.gal
acontece.gal é unha iniciativa que nace coa intención de reconectar o dixital co local. É unha web montada a través de Gancio, e xestionada por coegho (@coegho@mastodon.gal).
actividades.amarinha.gal
actividades.amarinha.gal ofrece unha axenda dixital ao tecido asociativo e as distintas organizacións culturais, políticas e sociais na comarca da mariña lucense.